Obradoiro de arquitectura práctica verán 2018

arquitectura-practica

Os mozos e mozas asistentes recibirán formación e información teórico-práctica do SISTEMA LUPO (creación arquitectónica) para despois poder desenvolver un programa que dea a coñecer a arquitectura que nos rodea entre a poboación máis nova. A didáctica pasará por descubrir os segredos das obras máis representativas do patrimonio construído en Tomiño. No primeiro obradoiro a mocidade recibirá a formación necesaria para a impartición posterior do SISTEMA LUPO.

 

Sábado 21 de xullo de 10:30 a 13:30 h

Grupo infantil de 3 a 12 anos / Grupo mocidade de 16 a 35 anos

Casa de Cultura de Tomiño

Inscrición: 10€