ORGANIZADO POLA AGDR MAIV-BAIXO MIÑO, E PARA COÑECER DE PRIMEIRA MAN A SÚA EXPERIENZA CO CULTIVO DE FROITOS DO BOSQUE

Unha representación dos sectores agrario e forestal do Baixo Miño, visita o Bajo Nalón.

image001O Grupo de Desenvolvemento Rural “, MAIV-Baixo Miño“, visitou a pasada semana as explotacións de pequenos froitos, en especial as de arándanos, na comarca asturiana do Bajo Nalón, co obxectivo de estudar a viabilidade deste este tipo de cultivos no noso territorio. Unha treintena de técnicos, promotores e responsables de Comunidades de Montes percorreron varias plantacións de diversos tamaños e formas de produción en Trevías, Pravia e Soto del Barco.

O encontro continuou na sede do Grupo de Desarrollo del Bajo Nalón, en Pravia, cunha charla profesional sobre a xestión das producións e o manipulado dos froitos a cargo de José Ángel Díaz, técnico da Asociación Asturiana de Productores de Pequeños Frutos (AAPPF), acompañado por Igancio Cavanilles, vicepresidente do GDR e presidente da Asociación Asturiana de Profesionales del Kiwi.

A continuación levouse a cabo una visita á pranta de transformación agroalimentaria da empresa L’Andecha Praviana, que produce marmeladas e zumes de froitos do bosque. Finalmente, foron recibidos polo alcalde de Pravia, quen sinalou a importancia de iniciativas como estas que axuden a compartir os coñecementos entre territorios con similares intereses e poñer en valor os territorios rurais.

Esta viaxe foi a continuación dunha primeira xornada sobre “A experienza dos froitos do bosque noutros territorios” que se levou a cabo o pasado mes de marzo en O Rosal, á que asistiron mais de cen persoas e que puxo de manifestó o interese por acadar novas expectativas para o sector agroforestal no sur da provincia de Pontevedra.

[justified_image_grid preset=1 title_field=off caption_field=off exclude=2723,2711]