Os nenos e nenas do campamento urbano de verán visitan á alcaldesa para que lles asine a credencial de peregrinos

Tomiño. visita campamento 8_1024x768 Tomiño. visita campamento 4_1024x768

A actividade, baixo o lema “Construíndo a nosa historia” inclúe “paradas” na fortaleza, o río Miño, os petróglifos, as escolas indianas e o Camiño de Santiago

Os corenta nenos e nenas que asisten ao campamento urbano de verán, organizado polo Concello de Tomiño, entre o 7 de xullo e o 7 de agosto, visitaron hoxe a Casa do Concello, ataviados coma peregrinos e ca credencial que lles habilitaba coma tales na man. Acompañados polos monitores, se entrevistaron coa alcaldesa, Sandra González, e lle pediron que lles asinase a Compostelá e lles puxera o uño do Concello. A rexedora, despois de falar con eles, procedeu a asinarlles os diplomas, coa axuda da concelleira de Cultura e Deportes, Cristina Martínez.

O campamento de verán, baixo o lema “Construíndo a nosa historia” inclúe “paradas” na fortaleza, o río Miño, os petróglifos, as escolas indianas e o Camiño de Santiago.

Como en anos anteriores, os nenos e nenas participantes realizan diariamente, con monitores de tempo libre en prácticas e voluntarios, diferentes actividades (debuxo, pintura, xogos populares, manualidades, dinámicas de grupo, etc.).

O campamento ten lugar no Campo da Feira en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Tomiño. visita campamento 5_1024x768 Tomiño. visita campamento 6_1024x768

A organización deste campamento responde, segundo explicou a concelleira de Cultura e Deportes, Cristina Martínez, ao ánimo de ofrecer á veciñanza un ocio de calidade, ofertas diferenciadas para fomentar un ocio saudable, o deporte de base, etc., e ao mesmo tempo, axudar a nais e pais a conciliar a vida laboral e familiar.

Tomiño. visita campamento 8_1024x768 Tomiño. visita campamento 9_1024x768

 

Tomiño. visita campamento 11