11 Abr 2014 OS TEIXUGOS LOGRAN UNHA MEDALLA DE PRATA E UNHA DE BRONCE NA COPA DE ESPAÑA DE SLÁLOM

O sábado tiveron lugar as probas clasificatorias, con máis de douscentos participantes

A pasada fin de semana celebrouse no concello de Mondariz Balneario, a 2ª competición da Copa de España de Slálom.

O sábado tiveron lugar as probas clasificatorias, con máis de douscentos participantes. Nas mesmas, quedaron clasificados para as semifinais do domingo, Guillermo Martínez e Nicolás Ruedas, en K1 Home Sénior; Manuel Ochoa, en K1 Home Cadete; Brais Castro, en C1 e K1 Home Cadete; Andrea González, en K1 Muller Júnior, e Sara Vázquez, en K1 e C1 Muller Júnior.

As nove da mañá do domingo, comezaron as semifinais, cun altísimo nivel en todas as categorías. A pesar da dificultade, lograron entrar nas finais os catro palistas do Club Deportivo Miño, que nestes momentos son bolseiros do Centro Galego de Tecnificación Deportiva: Andrea, Sara, Brais e Manuel, alcanzando os catro moi boas posicións na final, e con medalla de prata para Brais, en C1 Home Cadete, e de bronce para Manuel Ochoa, en K1 Home Cadete.

Grazas a estes bos resultados, os Teixugos fixéronse cunha histórica cuarta posición na clasificación por equipos. É de salientar o mérito dos palistas galegos que non contan con ningunha canle apropiada para adestrar, cousa da que si dispoñen vascos e cataláns.

Ver albúm de fotos

Vídeo



X