Os tomiñeses e tomiñesas, invitados a participar na presentación do proxecto definitivo da futura biblioteca municipal Será no salón de plenos do Concello este venres 15 de decembro ás 20.00 horas

Todos os tomiñeses e tomiñesas están invitados a participar este venres 15 de decembro na presentación do proxecto definitivo da futura biblioteca municipal, un espazo de encontro que xurde do estudo participativo levado a cabo durante catro meses e no que se involucraron máis de 250 cidadáns de todas as idades e sectores da poboación.

O acto de presentación terá lugar ás 20.00 horas no salón de plenos do concello e, aínda que pensado para amosar o resultado ás persoas que participaron la elaboración da definición do proxecto a través dos grupos de debate e opinión, a este evento están invitados todos os cidadáns e cidadás interesados na futura biblioteca municipal.