Curso de pilates para avoas, nais e fillas

Este curso ofertado en marzo dentro da programación do MES DA MULLER, pode realizarse de xeito individual ou en grupos de amigas/familiares.

Ademais de achegar os beneficios propios desta disciplina fortalece o vínculo existente entre o grupo. As clases consistirán en sesións dinámicas con enfoque grupal e interacción constante entre as persoas. O Pilates é un sistema de adestramento físico e mental que une o dinamismo e a forza muscular co control da mente, a respiración e a relaxación.

Ofertaremos dous cursos de 10 h de duración cada un, en Goián (pavillón) e en Tomiño (casa de cultura).

Duración: unha hora semanal.

Inicio: marzo. A partir de 5 anos e sen límite de idade.

Horario: Goián, mércores de 17.30 h a 18.30 h, en Tomiño venres de 19.30 h a 20.30 h.

Prezo: 10 € por persoa.

Formulario de inscrición

X