Portugal gaña a IX edición do Triatlón da Amizade e custodiarán o trofeo da Amizade Tomiño-Cerveira

Onte celebrouse entre os Concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira a IX edición do Triatlon da Amizade. Nesta edición contouse con máis de 200 participantes incluindo as categorías adulta, infantil, cadete e alevíns. O triatlon, como ven sendo habitual, discorreu por terras tomiñesas e cerveirenses e contou coa participación de deportistas de ambas beiras.
Nas modalidades para os máis pequenos que se celebrou ás 11:00 no espazo fortaleza, participaron máis dunha veintena de cativos.
A proba para adultos iniciouse ás 15:45 en Goián onde concluiu despois de atravesar o río , de completar un circuito de bicicleta de montaña na vila de Vila Nova de Cerveira, de cruzar a ponte da amizade e de percorrer o Espazo Fortaleza de Goián.
Portugal defendeu o título por terceiro ano consecutivo fronte a Galicia e proclamouse vencedora novamente nesta novena edición. Un ano máis a Câmara de Vila Nova de Cerveira custodiará o trofeo da Amizade até a vindeira edición.
Os gañadores desta edición foron en categoría masculina, Diego Paz do clube Arcade Inforhouse, na categoría feminina Rita María Lopes do clube Amiciclo.
As federacións galega e portuguesa de triatlon xunto cos Concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira foron os responsables da organización deste evento fronteirizo que o vindeiro ano voltará no mes de setembro.
A Alcaldesa, Sandra González, declaraba onte que “estamos moi satisfeitos polo papel dos galegos que destacaron en tódalas probas demostrando a boa saúde do deporte galego”.