Primeiras xornadas micolóxicas organizadas pola Asociación de Praceiros do Mercado de Tomiño

  • O programa comeza o venres 11, ás 17.00 horas coa apertura da mostra de setas no propio mercado. Ás 20.30 celebrarase a conferencia “Iniciación á Micoloxía”.
  • Sábado e domingo haberá unha saída ao monte para buscar cogumelos, e logo degustación no mercado

 

A Asociación de Praceiros do Mercado  de Tomiño, organiza as I Xornadas Micolóxicas os días 11, 12 e 13 de novembro próximos, con exposición de cogumelos no propio mercado, degustacións e saídas didácticas.

 

O programa comeza o venres 11, ás 17.00 horas coa apertura da mostra de setas no propio mercado. Ás 20.30 celebrarase a conferencia “Iniciación á Micoloxía”.

O sábado 12, de 10.30 a 13.30 hs. haberá unha Saída ao Monte para buscar cogumelos. E de 13.00 a 14.00, degustación no mercado.

 

Por último, o domingo 13, repetirase saída e degustación ás mesmas horas.

A exposición permanecerá aberta os tres días en horario de mercado (9.00 a 14.00 e
17.00 a 20.00) e polas tardes a experta en micoloxía, Puri Lorenzo, do laboratorio de micoloxía da Universidade de Vigo, que atenderá consultas e despexará dúbidas das persoas interesadas.

 

A actividade ten un custe de 15 euros por persoa e as prazas son limitadas.

Inscrición e venda de tíckets nos postos do mercado ou chamando aos teléfonos: 699 277 311 ou 649 901 113.