Procedemento de contratación de maquinaria da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño Subministro de vehículo para o mantemento e conservación dos camiños e estradas da mancomunidade

A forma de adxudicación do contrato de subministración de camión  para bacheo de vías municipais dos cinco concellos da IBM será o procedemento aberto no que todo empresario interesado poderá presentar unha proposición, quedando excluída toda negociación dos termos do contrato, de acordo co artigo 157 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro.

Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa deberá de atenderse a varios criterios directamente vinculados ao obxecto do contrato, de conformidade co artigo 150.1 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro e coa cláusula décima deste Prego.

O órgano de contratación non poderá declarar deserta unha licitación cando exista algunha oferta ou proposición que sexa admisible de acordo cos criterios que figuran neste prego.

Pódese consultar a información completa nos seguintes documentos, e na plataforma de contratación de Galicia pola propia Mancomunidade dende o 9 de outubro de 2107:

Folla condicións económicas – técnicas

Folla de prescripcións técnicas para adquisición de maquinaria MIMB