PROCESO DE CONTRATACIÓN PARA PERSOAS BENEFICIARIAS DA RISGA Prema nesta noticia para consultar a listaxe de persoas admitidas e excluídas, designación do tribunal, e lugar data e hora das probas de Peón da construción e Peóns de xardinería

Nas resolucións que figuran nos seguintes arquivos pode comprobar o texto completo no cal se aproban as listaxes de persoas admitidas e excluídas, así como a designación dos compoñentes do tribunal e lugar, data e hora das probas.

Por mor da nova normativa de protección de datos, a identificación de cada unha das persoas candidatas faise mediante as iniciais dos apelidos e nome e os dous primeiros números, e o último do DNI e a letra.

Para comprobar os datos completos debe facelo nas propias oficinas do Concello de Tomiño, sempre e cando se trate de persoas interesadas no procedemento segundo a Lei 39/2015 do procedemento administrativo Común.

DECRETO 2018-0558 [Decreto lista Admitidos_Excluídos Construción]

DECRETO 2018-0557 [Decreto lista Admitidos Excluídos XARDINERIA]