Programa de Compostaxe Doméstica

Sabes que é a compostaxe?

 

Consiste en transformar os residuos orgánicos do teu fogar en fertilizante para a túa horta ou xardín. É sinxelo, cómodo e só precisas un pequeno espazo e ter un composteiro.

 

Coa compostaxe, reciclas a materia orgánica e produces abono mentres axudas a reducir a cantidade de residuos que acaban no colector. Así pecharas o ciclo da materia orgánica sen saíres da casa, como na natureza, ademais de axudar a frear o cambio climático.

 

É cómodo, útil, ecolóxico, está de moda, tes compost gratis, participa toda a familia e freas o cambio climático. Sobran os motivos para participar.

Campaña de formación

 

Para que saibas todo o que precisas, o Concello de Tomiño e Amigos da Terra van iniciar unha campaña de formación en compostaxe. Para inscribirte soamente precisas:

  •  Que a vivenda onde vas poñer o composteiro esté ubicada no municipio de Tomiño e que sexa a túa vivenda habitual.
  • Ter un pequeno espazo no teu xardín ou horta.
  • Estar disposta/o a participar na formación inicial e nas tres visitas de seguimento na túa casa.

 

A cambio terás:

  • Un composteiro para situar na túa vivenda.
  • Un manual de compostaxe.
  • Formación antes da entrega do composteiro.
  • Axuda dunha técnica en compostaxe de Amigos da Terra á que poderás consultar todas as dúbidas e que te visitará na túa casa para facer o seguimento do proxecto.

 

Podes inscribirte enchendo o formulario, enviando un correo a claudia.lopez@tomino.gal ou chamando ao 986 622 001.

 

De entre todas as solicitudes recibidas, realizaremos a selección para esta primeira parte, e se non es elixida/o non te desanimes, quedarás na lista de espera para a seguinte convocatoria. A selección farase por orde de inscrición de todas aquelas persoas que cumpran todos os requisitos.

Apúntaste?

X