05 Abr 2017 “Proxecta Tomiño” é o 1º concurso de vídeo sobre Tomiño que convoca o Concello, co apoio do Obradoiro de Emprego de Dinamización Turística

OBXECTO

O concurso de vídeos pretende dar a coñecer os recursos turísticos do territorio, para que a poboación local e visitantes poidan apreciar o valor do patrimonio e se involucren na súa protección, coidado e difusión.

PARTICIPANTES

Poboación local e visitantes. terán que elaborar un vídeo que inclúa diferentes recursos turísticos de Tomiño.

A participación suporá a aceptación das bases e a cesión do material.

TEMÁTICA

Video promocional dos recursos de Tomiño que recolla diferentes elementos do patrimonio cultural, medioambiental, histórico; recunchos con encanto, etc.

Establécense diferentes categorías:

  • Festas e eventos culturais, deportivos, etc.
  • Xente, folclore e costumes.
  • Patrimonio histórico-artístico.
  • Natureza, paisaxe e sendas.
  • Gastronomía.

Máis información e inscricións:



X