Segunda visita da “Ruta Artes&Oficios” organizada pola Aula-Museo Antonio Fernández, de Goián Celebrarase esta tarde, ás 20.00h, con punto de partida na praza de Goián e destino o obradoiro de Leandro

Dentro do programa “Ruta Artes&Oficios” organizada pola Aula-Museo Antonio Fernández, de Goián, celebrarase esta tarde, ás 20.00 horas, a segunda visita a artistas da zona; en concreto, ao obradoiro de cerámica de Leandro. O punto de reunión e partida será a praza de Goián, diante da aula.

Todas as actividades son de balde e contan coa compañía dunha guía especializada.

 

Ruta Artes&Oficios 2017 (Os xoves ás 20:00h)

Pintura – Eulalia Jackson (6 de xullo)

Cerámica – Leandro (20 de xuño)

Escultura – Magín Picallo (3 de agosto)

Fundición Arte Bronce e Galría de Arte a+b (17 de agosto)

Escultura – Carlos Fernández (31 de agosto)

 

Importante: Os/as menores de 15 anos deberán ir acompañados dunha persoa adulta.

 

 



X