Seis novas medallas para Os Teixugos, na 3ª Copa Galega de Promoción de Slálom

Este domingo tivo lugar no porto deportivo de Tui a terceira competición da Copa Galega de promoción de slálom. A competición, que foi organizada polo Club Tea, contou coa participación dos deportistas máis pequenos dos clubs galegos.

Os nenos do Club Deportivo Miño “Os Teixugos”, remataron con 6 medallas no seu haber. Ainhoa Barreiro foi ouro en C-1 Muller Infantil e prata en K-1. Alba Soutelo rematou terceira nas dúas modalidades anteriores, facéndose por tanto con dúas medallas de bronce. Samuel Castro acadou outro ouro para o club en C-1 Infantil Masculino e Sergio Martínez prata en K-1 Infantil.

Na clasificación por clubs, o Deportivo Miño rematou terceiro, con 179 puntos, por detrás do Tea con 239 e o Penedo con 213.

Informa Rosa Fernández Carrera