Seis novas medallas para Os Teixugos no Campionato Galego de Slálom, celebrado onte en Dumbría

Este domingo celebrouse na localidade coruñesa de Dumbría o Campionato Galego de Slálom, a última e máis importante competición da Liga Galega de Slálom 2016.

14567350_1217376568312508_8816803008478465191_o

O Club Deportivo Miño acudiu cun equipo moi minguado polas ausencias, só seis teixugos puideron acudir ao evento, ao celebrarse en datas nas que catro dos seus mellores deportistas se atopaban fóra da comunidade galega, uns por estudos e outros preparando a pre-temporada 2017 coa Federación Española.

En K1 Sénior Home, Emilio Rodríguez fíxose co bronce; en K1 Sénior Muller, Marina Ruedas foi prata e Laura Soutelo bronce; Brais Castro acadou a prata en C1 Sénior Home e o ouro en K1 Júnior Home; Ariadna Pereira, tamén prata en K1 Infantil Feminino.

Seis medallas para os Teixugos, que non puntuaron suficiente para darlle ao equipo o Campionato Galego, o que gañou o Tea de Mondariz con 220 puntos, seguido do Piragüismo Penedo con 200 e en terceiro lugar o C.D.Municipal de Dumbría con 132. O Club Deportivo Miño-Teixugos rematou cuarto con 121 puntos.

P1130841

FOTOS: https://goo.gl/photos/uxZwZfNbB2CqUnXbA

A pasada fin de semana tamén os máis pequenos remataron a Liga Galega de Promoción de Slálom coa 6ª Copa Galega, celebrada en Mondariz. Catorce foron os nenos do club que acudiron á cita, e os resultados foron realmente impresionantes. Ainhoa Barreiro gañou en K1 e C1 Muller Alevín; nas mesmas categorías, Alba Soutelo foi segunda; en K1 e C1 Muller Infantil, Ariadna Pereira foi segunda; Samuel Castro foi o gañador en C1 Home Infantil e Sergio Martínez quedou segundo nesta categoría e foi o gañador en K1 Home Infantil.

Na clasificación final por equipos, os Teixugos remataron terceiros con 219 puntos, por detrás do Club Tea de Mondariz (298 puntos) e do Club Penedo (297).

FOTOS: https://goo.gl/photos/ZXZJt3TdSgA2o1kdA