Suspéndese o II Serán Treboada Baixo Miño polas previsións de chuvia

A Asociación Treboada Baixo Miño comunicou que o II Serán Treboada Baixo Miño, previsto para mañá, sábado 7 de xuño, no Campo do Alivio, suspendeuse debido ás previsións de chuvia.

A I Festa da Mallada de Trigo, que se ía celebrar a partir das 10 da mañá, queda tamén suspendida ata novo aviso.