Tomiñeses e cerveirenses recoñecen a importancia da cooperación transfronteiriza Cerca do 95% dunha mostra de 1.100 residentes en Tomiño e Vila Nova de Cerveira valoran positivamente as iniciativas conxuntas e os servizos compartidos

Co obxectivo de percibir o impacto da cooperación transfronteiriza no día a día, os Concellos de Vila Nova de Cerveira e de Tomiño promoveron entre decembro e febreiro pasado un proceso de auscultación sobre o terreo, a través da distribución, voluntaria e aleatoria, de 2.000 enquisas en espacios estratéxicos de los dos municipios, para residentes mayores de 16 años. Tres de cada catro cerveireses e tomiñeses coñecen a dinámica de cooperación transfronteiriza promovida entre Cerveira e Tomiño, acreditando que máis alá de consolidar as relación sociais e institucionais entre ambos concellos, fomenta o sentimento de que ‘todos somos europeos’, contribuindo á mellora das condicións de vida dos habitantes desta zona.

Vivir nun territorio transfronteirizo preséntase como un espazo de oportunidade e non de dificultade para o 96,6% dos enquisados, e o reparto de servizos e de equipamentos municipais é unha das variables recoñecidas. Dos 11 servizos compartidos, os 1.100 entrevistados fixaron unha puntuación media superior ao 8, é dicir, todos son coñecidos e están ben valorados. As tres opcións consideradas prioritarias son a piscina municipal de Vila Nova de Cerveira, o programa conxunto para nenos e nenas e o programa de apoio a creación de empresas.

As respostas foron monitorizadas por unha empresa certificada que presenta un erro de mostra do 2,94% para un nivel de confianza do 95,5%. En total, as enquisas estaban compostas por 26 preguntas de resposta rápida, co obxectivo de estudar o grao de coñecemento e as características da procura de servizos de uso común, obtendo información privilexiada para actuacións futuras.

Apostando polos conceptos de cidadanía e participación pública, a Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño pretende profundizar no fortalecemento das relación e a consecuente mellora das estruturas en funcionamento, definindo a actuación futura avanzando dacordo os intereses e aspiracións da súa cidadanía.