20 Mai 2014 Tomiño e Cerveira promoven unha fin de semana saudable con aulas conxuntas de fitness e taichi

 

O Parque de Lazer do Castelinho (Vila Nova de Cerveira) e a Fortaleza de Goián (Tomiño), serán os escenarios, o vindeiro sábado 24 e domingo 25, de sendas clases de fitness e taichi, organizadas polos concellos de Cerveira e Tomiño, dentro do proxecto “Euro-Rexión Activa: Vida Saudábel nas Vilas da Raia”

Clases conxuntas deFitness e Taichi serán o punto de partida do proxecto “Euro-Rexión Activa: Vida Saudábel nas Vilas da Raia” no que participan seis concellos portugueses e 20 españois, que entre os meses de maio e agosto de 2014, compartirán actividades coma Trilhos Saudábeis, Master Class, Paseos BTT e Palestras.

Unha clase de fitness en Vila Nova de Cerveira e unha Master class de taichi constitúen a primeira acción de estímulo á práctica de exercicio físico integrada no devandito proxecto, e que está incluída na axenda para o día 24 ás 16.00 horas, no Parque de Lazer do Castelinho (Vila Nova de Cerveira), e para o domingo 25 ás 12.00 horas, na Fortaleza de San Lourenzo de Goián.

A concelleira de Deporte e Cultura do Concello de Tomiño, Cristina Martínez, explica que esta iniciativa promovida co municipio veciño de Cerveira, contribúe a reforzar os lazos de cooperación xa existentes, tanto no eido deportivo coma no cultural.

Este proxecto financiado con fondos europeos procura, a través da cooperación intermunicipal, promover hábitos de vida saudables desde a infancia, traballando conxuntamente por un envellecemento máis activo.

No caso da Master Class de taichi, é necesario inscribirse chamando ao Concello de Tomiño (986 622 001-002-003).

Para máis información consultar o sitio web www.galiciasaudable.xunta.es ou dirixirse ao Concello de Tomiño.

 

 

 

 

 

 

 

 

 



X