Tomiño, A Guarda e Oia participan nas accións do programa da Deputación -conectadas 2018- No noso concello celébrase un obradoiro sobre Bricolaxe e Reparacións no fogar no que participan 15 persoas da Asociación de Veciños San Salvador de Sobrada

O programa “Conectadas 2018” ten por finalidade mellorar a formación básica das mulleres na comunidade para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo e reducir a fenda dixital mediante a utilización da información e as novas tecnoloxías.

Neste programa participan todas as asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, que apoien o seu desenvolvemento e empoderamento, ao igual que o seu tecido asociativo, e a paulatina consecución do obxectivo da igualdade entre mulleres e homes.

A duración da acción formativa será de 35 horas, e inclúe un módulo de sensibilización na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes de cinco horas de duración.

A partir destes días preto de 1.100 mulleres e homes de 34 concellos da provincia comezarán os cursos do programa “Conectadas 2018”, unha iniciativa da Deputación de Pontevedra, encamiñada á promoción e desenvolvemento da igualdade. Os concellos que acolleran estas accións son: Agolada, Barro, Bueu, Crecente, A Estrada, Lalín, Ponte Caldelas, Ponteareas, Silleda, Vila de Cruces, Gondomar, O Grove, A Lama, Marín, Mondariz, Mos, Pazos de Borbén, Pontevedra, Rodeiro, Salceda de Caselas, Vilagarcía de Arousa, Cerdedo Cotobade, A Guarda, Poio, Portas, Cangas, Covelo, Fornelos de Montes, Porriño, Redondela, Valga, Oia e Tomiño.
No noso concello comezará un obradoiro sobre Bricolaxe e Reparacións no fogar no que van participar 15 persoas da Asociación de Veciños San Salvador de Sobrada, que terá lugar os xoves de de 16.30 a 19.00 horas.
En A Guarda comezará un obradoiro sobre Mindfulness no que van participar 20 persoas de Érguete Baixo Miño, e que terá lugar na rúa Colón, os mércores de 18.00 a 20.00 horas.
En Oia vai comezar un obradoiro sobre Horta Ecolóxica no que van a participar 40 persoas da Asociación Veciñal A Muruxeira, e que terá lugar no centro cultural de Pedornes, os sábados de 10.00 a 13.00 horas.

Na comarca do Deza, Agolada acollerá un obradoiro sobre Pilates ao que asistirán 19 persoas da Asociación Cultural Xeración nos Borraxeiros, na Casa do Pobo de Borraxeiros os luns en horario de 19 a 21h. En Rodeiro vai ter lugar un obradoiro sobre Artesanía en Coiro no que van a participar 15 persoas da Asociación de Mulleres Rurais Virxen do Faro e que se vai impartir os martes e xoves de 17 a 20h. En Lalín tamén terán lugar dúas accións formativas. Ao obradoiro de Ximnasia e Mantemento van asistir 34 persoas da Asociación Mulleres Rurais en Igualdade A Xesta (os luns e venres de 16:15 a 17:15 horas) e de Aspadeza (en Mouriscade en horario de 13 a 14h os luns e os mércores. Tamén, 30 persoas da Asociación de Mulleres Palilleiras (no Centro Sociocomunitario, os xoves de 16:15 a 18:15 horas) e da Asociación Mulleres en Igualdade de Galegos (en Toimil, os sábados de 16:30 a 18:30 horas) van participar no obradoiro sobre Pilates. Pola súa banda, Silleda vai acoller dous obradoiros. 50 persoas da Asociación de Vecinos Guadalupe de Rellas (no local onde a Iglesia, os luns e xoves de 19:30 a 20.30 horas), da Asociación Vecinal Cultural de Ansemil Martixe (No Teleclub de Ansemil, os luns e mércores de 18 a 19h) e da Asociación Veciñal e Cultural de Cortegada Avecuco (no local social o teleclub, os luns e mércores de 19 a 20h) van participar na acción formativa sobre Ximnasia de mantemento. Ademáis, 18 persoas da Asociación de Veciños Parroquia de Laro van participar no obradoiro sobre Musicoterapia, que se impartirá na Casa da Cultura Carril, os martes de 19 a 21h. A acción formativa de Vila de Cruces vai consistir nun obradoiro sobre Pilates, no que van participar 17 persoas da Asociación de Mulleres de Fontao e que terá lugar no Poboado Mineiro de Fontao, os luns e mércores de de 20:30 a 21.30 horas.

Na comarca de Pontevedra, Barro comezará unha acción formativa sobre Teatro na que participarán 17 persoas da Asociación Peñaflor e que terá lugar no centro cívico de Barro os luns e xoves de 17:00 a 18:30 horas. Ponte Caldelas acollerá dous obradoiros. 15 persoas da Asociación de Veciños de Anceu participarán nunha acción sobre Ximnasia e Mantemento, que terá lugar os luns e mércores de 20:30 a 21:30 horas. Por outra banda, 18 persoas da Asociación de Mulleres de Xustáns e Arredores van asistir a un obradoiro sobre Ioga, que terá lugar en Chan do Casal os martes e xoves de 20:00 a 21:30 horas. A Lama vai acoller una acción formativa sobre Ximnasia de Mantemento, na que van participar 19 persoas da Asociación de Veciño San Pedro da Parroquia de Gaxate e que se vai impartir na rúa A Ponte, os martes e xoves de 17:00 a 18:30 horas. No concello de Marín van ter lugar dous obradoiros. Por unha parte, 19 persoas da Asociación Cultural Deportiva Gharaboto van participar nunha acción sobre Pilates que se impartirá na rúa Ezequiel Massoni, os martes e xoves de de 17:30 a 19:00 horas. Por outra banda, 25 persoas da Asociación Veciñal Pardavila Parroquia San Julián van a asistir a un obradoiro sobre Cociña e Alimentación Hábitos Saudables que vai ter lugar os venres de de 17:30 a 20:30 horas. En Pontevedra vai comezar unha acción formativa sobre Pilates no que van a participar 22 persoas da A.C.D Chan do Monte e que terá lugar na Casa do Pobo de Tilve Cerponzóns os martes e xoves de 20:15 a 21:15 horas. Portas vai acoller un obradoiro sobre Pilates no que van participar 27 persoas da Asociación Española contra el Cáncer os mercores e venres de 21 a 22h. En Poio vai ter lugar unha acción formativa de Ximnasia de Mantemento ao que asistirán 22 persoas de Mulleres en Igualdade de Poio e que terá lugar no Camiño da Madriña os mércores de 20 a 22h.

Na comarca de Vigo, o concello de Mos vai acoller dúas accións. No obradoiro sobre ioga, que se vai impartir os martes e xoves de de 20:30 a 22:00 horas, van participar 16 persoas da Asociación de Vecinos Chan do Bosque Amieirolongo. E 21 persoas da Asociación de Vecinos Baya Mos van a asistir a un obradoiro de Mindfulness, que se vai impartir no Camiño A Rúa os martes e venres de de 18:15 a 20:15 horas. No caso de Pazos de Borbén, vai acoller un obradoiro sobre Ximnasia de mantemento, no que van participar 15 persoas da Asociación Veciñal Santa María de Pazos e que vai ter lugar en Santa Maria Murais os martes e xoves de de 17:00 a 18:30 horas. O Porriño vai acoller un obradoiro sobre Ioga no que van participar 18 persoas da Asociación Veciñal e Cultural As Mimosas de Carracido e que terá lugar en Bo Carracido os venres de 18 a 20h. En Salceda de Caselas 22 persoas da Asociación de Veciños Carballeira Picoña van participar nun obradoiro sobre Cociña e Alimentación Hábitos Saudables, que terá lugar no Centro Cultural Ataúd os martes de 19 a 21h. Tamén, 25 persoas do Centro Cultural e Veciñal San Xorxe van a asistir a unha acción de Ximnasia de Mantemento os martes e xoves de de 21:15 a 22:15 horas. Pola súa banda, 15 persoas da Agrupación Cultural de Xunco van a participar nun obradoiro sobre Risoterapia, que terá lugar en Pardarrubias Portela, os xoves de de 18:30 a 20:30 horas. En Fornelos de Montes comezará un obradoiro Iniciación ao Patchwork no fogar no que van a participar 17 persoas da Asociación de Mujeres Rurales Consumidores y Culturales A Xuntanza. En Redondela comezará unha acción sobre Fotografía e Edición, no que participarán 15 persoas da Asociación Española contra el Cáncer. Terá lugar os venre3s de 18:00 a 20:30 horas.

No Salnés, en Vilagarcía de Arousa comezará unha acción sobre Musicoterapia, na que participarán 19 persoas e que terá lugar na Casa Da Cultura Carril os martes de 19 a 21h. Valga vai acoller un obradoiro sobre Cociña e Alimentación Hábitos Saudables no que van participar 15 persoas da Asociación Mulleres Costureira de Cordeiro e que terá lugar os venres de 18 a 22h. No Grove vai comezar o obradoiro sobre Pilates, no que van participar 19 persoas da Asociación de Pensionistas e Jubilados de O Grove e que terá lugar os martes e xoves de 9 a 11h.

En Tabeirós, Cerdedo-Cotobade acollerá un obradoiro sobre Ximasia de Mantemento ao que asistirán 15 persoas da Asociación de Mulleres Creativas de Quireza. Impartirase no Outeiro Quireza, os martes e xoves de 17:00 a 18.30 horas. O concello de A Estrada vai acoller dúas accións formativas. 38 persoas da Asociación de Mulleres Rurais Codeseda (en Codeseda os luns e xoves de 20 a 23 h) e da Asociación Mulleres Rurais S. Miguel de Cora (venres de 18 a 20h) van participar nun obradoiro sobre Cociña e Alimentación Hábitos Saudables. Por outra banda, 51 persoas da Asociación Mulleres Rurais de Toedo Alborada (en Carballa, os martes e xoves de 20:00 a 21:30 horas), da Asociación de Mulleres Rurais Santa Clara Ancorados (martes e venres de 16:30 a 17:30 horas) e da Asociación Rural de Amas de Casa de Arnois (en horario de 20:00 a 21:30 horas martes e xoves) van participar nun obradoiro sobre Pilates.

No Morrazo, en Cangas comezará unha acción formativa sobre Fotografía e Edición á que asistirán 25 persoas da Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama e que terá lugar os xoves de 17 a 19h. En Bueu vai comezar un obradoiro sobre Conservación de alimentos, conservas artesanais, ao que asistirán 24 persoas da Asociación contra el Cáncer e será impartido os luns de 17 a 20h.

No Condado-Paradanta, Covelo vai acoller dúas accións formativas. 15 persoas da Asociación de Mujeres y Familia Ambito Fragas Tea van participar nun obradoiro sobre Iniciación ao Scrapbooking, que se vai impartir na Travesía de Vigo os xoves de de 16:30 a 19:30 horas. Tamén, 15 persoas da Asociación Cultural Virxe da Luz van a asistir a unha acción de Pilates que terá lugar os venres de 17 a 19h. A acción formativa de Crecente vai consistir nun obradoiro de artesanía en Coiro, no que participarán 18 persoas do Colegio Nuestra Señora de Fátima en Creciente Esclavas de la Virgen Dolorosa, e terá lugar os luns de 16:00 a 18:30 horas. En Ponteareas van ter lugar cinco accións do programa.31 persoas da Asociación de Vecinos San Esteban de Cumiar (os luns de 16:30 a 19:30 horas) e da Asociación de Veciños o Val San Lourenzo Oliveira (no Centro Cultural San Lourenzo de Oliveira, os xoves de 16:30 a 19:30 horas) van participar nun obradoiro de Iniciación ao Patchwork. Pola súa banda, 16 persoas do Centro Cultural de Xinzo van participar nunha acción sobre Cociña e Alimentación Hábitos Saudables, que terá lugar os luns de 20:00 a 22:30 horas. Tamén, no obradoiro Alfabetización Dixital I: Do Papel ao Ordenador, que terá lugar os martes e xoves de 17 a 19h, van participar 15 persoas de Adapta Asociación do Condado e Paradanta. Por último, 17 persoas da Asociación Cultural de Bugarin van asistir ao obradoiro Risoterapia, que tera lugar en Bo Gandara, os martes de 18 a 20h. Tamén vai acoller un obradoiro sobre Pilates no que van a participar 31 persoas da Asociación do Centro Cultural de Fozara (os martes e xoves de 18 a 19h) e da Asociación Cultural de Fontenla A Ascensión (martes e xoves de 10 a 11h). En Mondariz vanse realizar tres obradoiros. Máis polo miúdo, 15 persoas da Asociación Cultural Cantareiras de Pedraquetiña de Touton van participar nunha acción sobre pilates, que terá lugar en Casco Toutón os martes e xoves de 21 a 22h. Pola súa banda, 16 persoas da Asociación de Veciños Xabriña de Mondariz van a asistir ao obradoiro de Ioga, que se vai impartir na Avenida do Val os martes (de 10:30 a 11:30 horas) e xoves (de 20:30 a 21:30 horas). Tamén, 16 persoas da Asociación de Veciñpos San Andrés de Meirol van participar nunha acción sobre Ximnasia de Mantemento, que terá lugar no camiño Campados Meirol, os mercores de 16 a 18h.

Ademais, no Val Miñor, en Gondomar vanse a levar a cabo dous obradoiros. 18 persoas da Asociación Cultural San Roque de Morgadanes van participar nunha acción de Ximnasia de mantemento, que se vai impartir os martes e venres de 18:00 a 19.30 horas. Pola súa banda, 19 persoas de Mulleres Rurais San Benito de Gondomar van asistir a un obradoiro sobre Conservación de Alimentos Conservas Artesanais, que terá lugar en Pardavila os venres de 18:00 a 20.30 horas.

“Conectadas 2018” é un programa da Deputación de Pontevedra destinado a asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, o seu desenvolvemento e empoderamento, así como a paulatina consecución do obxectivo da igualdade de mulleres e homes. Neste ano, conta cun orzamento de 324.000 euros e desenvólvese a través de 46 accións formativas distribuídas en 8 bloques temáticos: “Muller emprende: iniciativas sostibles para o emprego”, “Muller e cultura: Artes Visuais”, “Actualízate”, “Coas túas mans”, “Porque ti o fas”, “Súmate ao cambio”, “Ponte en forma” e “Coidados persoais”. En 2017 beneficiáronse desta iniciativa un total de 343 entidades pertencentes a 60 concellos da provincia, o que supuxo que preto de 5.500 persoas participaran nas distintas actividades programadas.