06 Set 2017 Tomiño celebra esta fin de semana a XVIII Feira Estatal da Biodiversidade Agrícola A Fortaleza de Goián acollerá este domingo diferentes postos e obradoiros relacionados co tema

A XVIII edición da Feira Estatal da Biodiversidade Agrícola, celebrarase esta fin de semana en Tomiño.

O encontro está organizado pola Rede Galega de Sementes e a Red de Semillas “Resembrando e Intercambiando”, coa colaboración do Concello de Tomiño, e terá lugar na parroquia de Goián; concretamente, no local social do Centro Goianés, o día 9, e na Fortaleza de San Lourenzo, o domingo 10.

 

PROGRAMA

Sábado, 09 de setembro. XORNADA TÉCNICA PÚBLICA

Lugar: Local Social Centro Goianes, Goián, Tomiño.

. 11h00-13h00. Mesa redonda sobre fruticultura e variedades locais. Experiencias locais de viveirismo e prospección a cargo de:

Ramiro Javier Martínez, “Viveiro O Pomariño” e Asociación Galega Froita Autóctona (A Coruña).

Miguel Silva, Núcleo Agro Ecolóxico do Campo do Geres (Portugal).

Efrén Martín, “Arbole Viveiros” de froiteiros de variedades antigas e castiñeiros (Estremadura).

. 13h00-13h30. Degustación de froitas de variedades locais de cultivo. Por Núcleo Agro Ecolóxico do Campo do Geres.

. 14h00. Comida popular en Espazo Fortaleza. Por Rede Galega de Sementes.

. 17h00-18h00. Entrega do “Premio JuanMa González” ao fomento da Biodiversidade Cultivada a D. José Esquinas Alcázar, experto de prestixio internacional sobre Recursos Filoxenéticos para a Alimentación e a Agricultura.

. 18h00-19h00. Experiencia de produción e mellora de variedades locais e antigas: a Fundación Galicia Verde. Por Enrique Banet, Fundación Galicia Verde.

. 19h00-20h00. Historia, tradición e salvagarda das variedades locais de millo en Galicia. Por Pedro Revilla Temiño, investigador da Misión Biolóxica de Galicia.

. 20h00-21h00. Presentación do libro “Bienaventurada a maleza porque ela che salvará a cabeza”. Usos de 113 plantas silvestres dos campos norteños. Por Cesar Lema.

. 23h30. Queimada pola biodiversidade cultivada.

 

Domingo, 10 de setembro. FEIRA ESTATAL DA BIODIVERSIDADE AGRÍCOLA

Lugar: Fortaleza de Goián, Tomiño.

. 10h00-14h00. Feira Estatal da Biodiversidade Agrícola, cunhas mostras de sementes e variedades locais de diferentes lugares da Península, Canarias e Baleares (montaxe postos de 8h30 a 10h00).

. 10h00-11h00. Paseo para a identificación de plantas silvestres e coñecer os seus usos. Por Cesar Lema.

. 11h00-12h00. Obradoiro infantil sobre biodiversidade cultivada. Por Rede Galega de Sementes.

. 12h00-13h00. Obradoiro de extracción de sementes. Por Rede Galega de Sementes.

. 14h00. Comida popular. Por Rede Galega de Sementes.

. 15:00 Declaración final XVIII Feira Estatal da Biodiversidade Agrícola.



X