Tomiño adica o mes de marzo ao humor.

A programación cultural “Tomiño humor” acollerá os monólogos de Carlos Blanco e Celso San Martín, Cándido Pazó e Federico Pérez.

Serán os sábados 5, 12 e 19 de marzo ás 22h00 no auditorio de Goián.

O Concello de Tomiño vén de lanzar a súa programación cultural para o mes de marzo. O humor será o protagonista dun mes no que visitarán Tomiño monologuistas da talla de Carlos Blanco e Celso San Martín, Cándido Pazó ou Federico Pérez.
A programación comezará o sa´bado 5 de marzo co espectáculo de Carlos Blanco e Celso San Martín chamado “man a man”. Continuará co monólogo de Cándido Pazó, “como cho conto” o sa´bado 12 de marzo. E, finalmente, a última cita co humor será con Federico Pérez e o seu “ración de Breogán” o sábado 19 de marzo.
A programación cultural “Tomiño humor” celebrase no auditorio de Goián ás 22h00. As entradas poderán mercarse a partires das 21h00 na taquilla do auditorio e o seu prezo será de 6€, o día 5 de marzo, e de 3€ os días 12 e 19 de marzo.
A concelleira de Cultura, Cristina Martínez, explica que “ao longo deste ano organizaremos diversos ciclos. Comezamos polo do humor co monólogo como formato pero estamos a traballar xa nos ciclos de música e cine.” A concelleira, tamén informou que a programación cultural volve a celebrarse no auditorio xa que as obras de acondicionamento da escola de música xa chegaron ao seu fin.