Tomiño apúntase ao proxecto “Camiños Escolares” para contribuír á seguridade e autonomía do alumnado

A etapa de diagnose inclúe actividades nas aulas e de recoñecemento no terreo, que realizaron hoxe os grupos de 5º e 6º de Primaria do centro Pedro Caselles, acompañados polo equipo técnico que redactará o proxecto definitivo

 

O Concello de Tomiño, co apoio da Deputación de Pontevedra, acóllese ao proxecto socioeducativo “Camiños Escolares”. O obxectivo primordial deste proxecto piloto na comarca do Baixo Miño, é que nenas e nenos podan desprazarse de forma autónoma, apostando por unha mobilidade saudable, sostible e segura.”

A iniciativa xurde no marco da estratexia de seguridade vial 2011-2020 da DGT, que  “pretende crear un marco de actuación que facilite, impulse e coordine as accións dos distintos entes e axentes sociais a nivel estatal, a través da consecución de obxectivos comúns e novos retos.

Entre os moitos obxectivos cabe destacar a defensa e protección dos/as suxeitos/as máis vulnerables, entre quen está o público infantil.

Dentro dunha primeira etapa de diagnose, realizáronse actividades nas aulas e un recoñecemento do terreo, que levaron a cabo hoxe os dous grupos de 5º de Primaria do colexio Pedro Caselles (43 estudantes en total), acompañados polo equipo técnico que redactará o proxecto definitivo, e profesores do centro.

Outros dos eixes vertebradores deste proxecto é a filosofía de A CIDADE DOS/AS NENOS/AS . PROXECTO INTERNACIONAL DO CONSELLO NACIONAL DE INVESTIGACIÓN . INSTITUTO DE CIENCIAS E TECNOLOXÍAS DO COÑECEMENTO (ROMA), que tenta conseguir unha maior autonomía, mobilidade, participación e seguridade.

 

o          AUTONOMÍA

“Dende o comezo do Proxecto, asumiuse como un dos seus obxectivos principais, facer posible que nas nenas e nenos podan saír de case sen ser acompañadas/os, para poder atoparse cós/as seus/úas amigos/as e xogar nos espazos públicos da súa cidade: dende o patio de casa, á beirarrúa, dente a praza ao xardín.

o          PARTICIPACIÓN

“Un instrumento fundamental para reconstruír un ambiente acolledor e dispoñible, relacionado coas nenas e nenos, é pedirlles que contribúan, chamalos a colaborar para facer un cambio real do ambiente urbano.

o          SEGURIDADE

A razón principal que impide a nenas e nenos saír de casa é o perigo da estrada. O tráfico, a contaminación e a presencia de persoas perigosas fanlle pensar ás persoas adultas que é imposible que unha nena ou neno saia á rúa soa para xogar cós seus amigos e amigas. As medidas de defensa, preveñen a nivel de defensa individual, diferentes tipos de “fortificación”, as portas blindadas ou os sistemas de alarma, o acompañamento constante de nenos e nenas ou os instrumentos de control remoto: dende o teléfono móbil a pulseiras controlada por satélite.

 

o          MOBILIDADE

“A mobilidade de nenas e nenos, que ata fai poucas décadas era parecida á das súas nais e pais, hoxe en día case desapareceu, mentres que a das persoas adultas aumentou moitísimo. Hoxe nenos e nenas non poden saír á rúa porque as súas familias móvense demasiado transformando as rúas y espazos públicos da cidade en espazos perigosos.

Logo da fase de diagnose, no que se encadra a actividade de recoñecemento do terreo, virá o deseño do Plan de Actuación e definiranse as actividades a realizar.