Tomiño baixa a bandera europea da fachada do Concello

O acto, de carácter simbólico, fíxose coma repulsa ao pacto entre a UE e Turquía para expulsar os refuxiados sirios
O Concello de Tomiño retirou este mediodía a bandeira da Unión Europea que ondeaba na súa fachada, coma acto simbólico de repulsa ao pacto entre a U.E. e Turquía, para a expulsión e deportación masiva de refuxiados da guerra de Siria.

O concelleiro nacionalista Francisco Campo Lago, fundamentou a decisión do equipo de goberno no feito de considerar o devandito acordo “inhumano e insolidario, e contrario a toda a lexislación internacional de dereitos humanos e asilo, coma a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, a Convención de Xenebra ou a dos Dereitos do Neno”, nas que se fala da obriga de protexer aos desprazados que foxen de conflitos armados para salvar as súas vidas e non deportalos a países non seguros.