A Asociación 1 Máis celebra con diferentes actos o día mundial de concienciación sobre o autismo As accións programadas, levaranse a cabo na Praza do Seixo e no Mercado Municipal, cun stand informativo, solta de globos; lectura dun manifesto e proxeccións

As accións programadas, levaranse a cabo na Praza do Seixo e no Mercado Municipal, cun stand informativo, solta de globos; lectura dun manifesto e proxeccións

 

O Concello de Tomiño e o Mercado Municipal colaboran activamente, un ano máis, na celebración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, que terá lugar o vindeiro día 2 de abril.

“1 Máis, Asociación de pais, familiares e amigos de personas con trastornos do espectro autista (TEA)” residentes na zona do Baixo Miño, no ano 2010, organiza toda unha semana de actos e festexos nos concellos de Tui e Tomiño. No noso concello, colocará un stand informativo con folletos, camisetas e outros elementos de difusión, haberá unha solta de globos na Praza do Seixo e lectura dun manifesto, o día 2 a partir das 19.00 horas. Asemade, está prevista a proxección dunha película/documental alusiva ao tema do autismo, os días 3 e 5 de abril, no Mercado Municipal, a partir das 17.00 horas. Tamén está prevista a iluminación da Casa do Concello.

A concelleira de Cultura e Servizos Sociais, Cristina Martínez, salienta a vontade do Concello de colaborar coa Asociación 1 Máis, a prol da concienciación da poboación sobre os trastornos do espectro autista; unha dificultade que enfrontan moitas persoas na comarca.

 

 

 



X