Tomiño celebra esta fin de semana a IV Gala do Deporte A cita será este sábado, no Auditorio de Goián, a partir das 20.30 horas. Ademais, contarase coa actuación de Federico Pérez, actor de programas e series da TVG, asi coma dun grupo de danza contemporánea

O Concello de Tomiño celebra esta fin de semana a cuarta edición da Gala do Deporte. Será un acto no que se recoñeza o traballo dos deportistas tomiñeses ao longo de todo o ano 2017.

Coma explica o concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso, o Concello “quere premiar ao deporte tomiñés e por en valor o esforzo levado a cabo por clubes e deportivas ao longo da pasada tempada”.

Os galardóns e recoñecementos atenderán a varias categorías que van dende mellor evento deportivo a mellor deportista masculino e femenino. Concretamente, os galardóns serán: mellor adetrador, promesas masc e feminina, mellor equipo de futbol, premio afan de superacion, mellor equipo base, mellor evento deportivo, e mellores deportistas masculino e feminino.

Ademais, contarase coa actuación de Federico Pérez, actor de programas e series da TVG, asi coma de un grupo de danza contemporánea.

A cita é este sábado, 14 de abril, ás 20h30 no auditorio de Goián.

Terceira edición, ano 2017.



X