Tomiño celebra este sábado, 26 de novembro, pleno extraordinario e urxente. A sesión terá lugar ás 10.30 horas na Casa da Cultura

CONVOCATORIA DE PLENO

O Concello de Tomiño celebrará este sábado, 26 de novembro, sesión extraordinaria e urxente ás 10.30 horas.

A Orde do Día contempla os seguintes puntos:
1. Declaración da urxencia da sesión.
2. Proposta da Alcaldía para aprobar a proposta de trazado da variante de Tomiño, prolongando a estrada EP-3102, remitida pola Deputación de Pontevedra, con data 28/10/2016, segundo o proxecto realizado coma solución para unha mellor conexión, evitando o excesivo tránsito de vehículos polo núcleo urbano.
A SESIÓN TERÁ LUGAR NA CASA DA CULTURA DE TOMIÑO, DEBIDO ÁS OBRAS DE REFORMA QUE SE ESTÁN A LEVAR A CABO NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO.