22 Nov 2016 Tomiño celebra o día contra a violencia de xénero con bolboretas, teatro e poemas

  • Alumnado do instituto presentará “Bolboretas”, coma homenaxe ás mulleres asasinadas

  • Os días 1 e 2 de decembro, haberá un obradoiro impartido pola oficina municipal de igualdade

Tomiño, 22 de novembro de 2016.- O Concello de Tomiño celebra o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, cunha serie de actos conmemorativos a cargo de distintos colectivos.

O día 25 de novembro ás 12 horas, alumnado do IES, presentará na Praza do Seixo, o traballo “Bolboretas”, símbolo das mulleres asasinadas.

Ese mesmo día. ás 20.30 horas, no mercado municipal, haberá unha lectura de poemas a cargo de mulleres tomiñesas, e ás 21.00, Vero Rilo, do grupo Daboapipa, interpretará a obra teatral “As Lavandeiras”.

Ás dez da noite, nos soportais do mercado, Concerto de Checho, organizado por ADAVAS Baixo Miño.

Os actos, organizados pola Oficina de Igualdade municipal, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, continuarán o día 30 de novembro, coa charla-presentación da devandita oficina de igualdade, para informar sobre os recursos e servizos de asesoramento e asistencia a mulleres. Será ás 19 horas, na Casa da Cultura.

Por último, os días 1 e 2 de decembro, celebrarase o obradoiro “Acción social fronte á violencia de xénero”, a cargo do colectivo ADAVAS. Tamén na Casa da Cultura, a partir das sete da tarde.



X