Tomiño celebra o día das Letras Galegas coa recollida de refrans e verbas tradicionais, feira do libro, música de banda e obradoiros

A Praza do Seixo acolleu a partir do mediodía diferentes actos conmemorativos

O Concello de Tomiño, dedicou este ano o Día das Letras á tradición popular. Con este fin, durante toda a xornada de hoxe, na Praza do Seixo, alumnado dos centros educativos e membros de asociacións de ámbito local, acompañados de música tradicional e de regueifas, celebraron o Recital oral de tradición popular.

A praza do Concello acolleu, ademais, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, unha Feira do Libro e outros actos lúdico-culturais, durante toda a xornada.

Abriu o programa ás 12 horas, un aplaudido concerto da Agrupación Musical de Goián, baixo a batuta de plaudidoPola tarde, ás 17.30 horas comezou o Recital oral de tradición popular, a cargo do alumnado dos centros educativos e membros de asociacións locais.

Ademais, actuaron os reguefeiros Bieito Lobariñas e Josiño da Teixeira, e o grupo Airiños Novos, de Pinzás.

Os propietarios de librerías ofreceron descontos de ata o 30% e o Concello organizou diferentes obradoiros de cultura e literatura galega, xogos e elaboración de marcapáxinas, coa participación de voluntarios da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil).

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, que presidiu os actos, salientou a importancia da tradición oral coma “piar fundamental para manter viva a lingua galega, sinal de identidade do noso páis”.

No acto de hoxe expuxéronse traballos e murais dos centros educativos que participan no proxecto. “Palabras, frases, ditos, refráns, cantigas, rimas, poesías, cancións, ou mesmo fotos que recollen a nosa cultura, son o fin último deste proxecto”, explicou Cristina Martínez, concelleira de Cultura.

Con toda a información recollida crearase unha plataforma dixital, onde poderá consultarse o material conseguido.

[justified_image_grid]