Tomiño celebra o Día Internacional contra a Violencia de Xénero con frases poéticas pintadas nos pasos de peóns

A campaña, titulada “25 de novembro. Contra a violencia: Amor”, rexistrou un moi bo nivel de participación, con máis de cuarenta persoas que enviaron as súas frases

O Concello de Tomiño conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra mañá, 25 de novembro, co pintado de frases poéticas nos pasos de peóns da vila.

A campaña, titulada “25 de novembro. Contra a violencia: Amor”, buscaba implicar á toda a poboación no proxecto, seguindo a iniciativa “Madrid te comería a versos”, do grupo de artistas Boa Mistura, que entende o seu traballo coma “unha ferramenta para transformar a rúa e crear vínculos entre as persoas”.

E, segundo explica a técnica de Cultura e Voluntariado, Elizabet Pérez, a iniciativa tivo unha boa acollida por parte da veciñanza, chegando máis de 40 frases relacionadas co amor, o respecto, a paridade e a reivindicación, das que se escolleron 20 que serán pintadas en diferentes zonas do concello. Mañá, os pazos de peóns da vila amañecerán pintados con esas frases.