07 Set 2016 A Corporación Municipal celebra pleno de carácter ordinario xoves 8 de setembro ás 19 horas

Entre os puntos da Orde do Día figura unha moción para solicitar a inclusión do municipio na Área Metropolitana de Vigo

O Concello de Tomiño celebra mañá, xoves 8 de setembro ás 19.00 horas, sesión plenaria de carácter ordinario.

Entre os puntos da Orde do Día, figura unha moción do goberno local solicitando a inclusión do municipio na Área Metropolitana de Vigo, así como a aprobación inicial dunha modificación puntual do PXOM sobre a reconfiguración dos espazos públicos e usos no núcleo urbano de Goián.

Outros puntos da Orde do Día son ratificar as festas locais e debatir unha moción sobre produtos fitosanitarios.

 

Foto: A. Hernández.

 



X