Tomiño celebra un pleno infantil para conmemorar o Día Internacional da Infancia

  • Organizada en colaboración con Unicef, a actividade ten coma obxectivo dar voz aos nenos e nenas para que acheguen a súa visión da realidade que lles circunda, e amosarlles ao mesmo tempo o funcionamento das institucións locais

 

O Concello celebra o vindeiro venres, 18 de novembro, un pleno infantil, organizado en colaboración con Unicef Galicia, co fin de conmemorar o Día Internacional da Infancia e o 27 aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN).

O evento celebrarase na Casa da Cultura, ás 12.00h e terá unha duración de 1 hora e media, aproximadamente. Asistiran 4 ou 5 estudantes de cada colexio público do municipio (Pedro Caselles, Sobrada,Tebra, Barrantes, Pintor Antonio A. Fernández. Goián, e CRA Mestre Manuel Garcés) e 2 do IES, sumando en total uns 30 participantes, sen contar as persoas que asistan en calidade de público. Por parte do Concello estarán a alcaldesa, es as concelleiras de Cultura e Mocidade.

Dará a benvida aos escolares a alcaldesa Sandra González, quen falará da importancia de que nenos e nenas propoñan melloras para o cumprimento da CDN, a través de accións participativas coma o pleno.

A rexedora dará paso á reflexión de cada centro sobre o tema de traballo que desenvolveu antes do encontro. Despois dunha valoración xeral dos mesmos, pecharase o evento cunha foto dos asistentes.