27 Mar Tomiño celebrou a súa terceira Gala do Deporte con premios individuais e colectivos
Entre as novidades desta 3ª gala, houbo premios sobre os valores do deporte, o afán de superación deportiva, e o galardón “unha vida adicada o deporte”.
O pasado sábado, 25 de marzo, celebrouse a III Gala do Deporte en Tomiño. No acto, que tivo lugar no Auditorio de Goián, fíxose entrega de diferentes premios aos deportistas destacados durante o último ano.
Entre estes galardóns estiveron os de mellor deportista masculino e feminino, e mellor evento deportivo ou deportista con maior proxección de Tomiño.
Entre as novidades desta 3ª gala, figura un premiorelacionado cos valores do deporte, o afán de superación deportiva, e o galardón “Unha vida adicada o deporte”.
Os resultados foron os seguintes:
Mellor deportista masculino :
Rubén Millán (Piragüismo).
Mellor deportista feminina:
Iría Rodríguez (triatleta).
Mellor evento deportivo:
Campionato galego integrador organizado pola Asociación SEN AMARRAS.
Mellor adestrador:
Jacobo Vázquez.
Mellor promesa masculina:
Hugo Domínguez.
Mellor promesa feminina:
Alba Soutelo.
Mellor club base:
Club Deportivo Miño “Os Teixugos”.
Mellor equipo de fútbol:
Tebra FC.
Mellor entidade colaboradora co deporte:
Protección Civil de Tomiño.
Mencións especiais:
Tomiño FC por ascender a segunda rexional.
Tomiño base, campións categoría xuvenil.
Adrián Vaz (Karts).
Premio vida adicada ao deporte:
Iria Leiros (Kung fu).
Diego Silva do Choco FC.
Coma nas edicións anteriores, o encargado de presentar a gala, foi Terio Carrera, nesta oportunidade, acompañado polo actor “Pepo os Suevos”.
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acompañada polo concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso, salientou a gran calidade dos deportistas locais, animándolles a seguir na mesma liña de esforzo e superación.