25 Nov 2016 Tomiño celebra o día contra a violencia de xénero con bolboretas na Praza do Seixo

  • Esta tarde haberá no mercado municipal lectura de poemas, teatro e un concerto de rap
  • Os días 1 e 2 de decembro, a Oficina de Igualdade Municipal organiza un obradoiro

DSC_1124 (Copy)

Alumnado do IES de Tomiño, decorou este mediodía a Praza do Seixo, co seu traballo “Bolboretas”, símbolo das mulleres asasinadas, para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Estudantes da ESO tomaron a Praza do Seixo, para vestir a pérgola situada en fronte do Concello, de bolboretas de vivas cores e lendas contrarias á violencia de xénero. “A túa ira non aplaca acosando a outros” ou “Corta se revisa o teu móbil” rezaban algunhas das moitas frases colgadas polos mozos e mozas do instituto. Para rematar, o alumnado entregou bolboretas de cores pintadas a man, con palabras coma “denuncia”, “sentimento”, “cóidate” ou “quérete”.DSC_1142 (Copy)

Esta tarde-noite, no primeiro andar do mercado municipal, celebrarase unha lectura de poemas de varias poetisas galegas a cargo de mulleres tomiñesas (representantes de distintas asociacións e a título individual), acompañadas polo clarinete de Adriana Carrera, profesora da escola de música da Agrupación Musical de Goián.

Pouco despois, Vero Rilo, do grupo Daboapipa, interpretará a obra teatral “As Lavandeiras”, e para rematar a xornada conmemorativa, nos soportais do mercado, representantes de Adavas Baixo Miño, lerán os nomes das mulleres asasinadas no último ano, como preludio ao Concerto de Checho, cantante de rap solidarizado e comprometido coa loita contra a violencia de xénero.

Os actos, organizados pola Oficina de Igualdade Municipal, en colaborDSC_1129 (Copy)ación coa Deputación de Pontevedra, continúan o día 30 de novembro, coa charla-presentación da devandita oficina, co fin de informar sobre os recursos e servizos de asesoramento xurídico e asistencia a mulleres que presta o departamento, grazas a unha subvención da Deputación Provincial. Será ás 19 horas, na Casa da Cultura.

Por último, os días 1 e 2 de decembro, celebrarase o obradoiro “Acción social fronte á violencia de xénero”, a cargo do colectivo ADAVAS. Tamén na Casa da Cultura, a partir das sete da tarde.

 

 

 



X