Tomiño clausura o campus de verán de tenis con máis de 80 participantes

Tomiño clausura o campus de verán de tenis con máis de 80 participantes

O Concello felicitou a nenos, nenas e monitores polo éxito alcanzado, durante un acto celebrado na casa consistorial

Máis de 80 rapaces e rapazas de Tomiño e arredores participaron nos campus de verán de tenis e pádel organizados polo Concello.
Nun acto celebrado na casa consistorial, a alcaldesa, Sandra González, e o concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso, felicitaron aos participantes e monitores polo esforzo realizado, e fixeron entrega das preceptivas medallas e diplomas.
A rexedora local salientou a importancia de facer deporte tamén no verán, referíndose aos beneficios físicos, psíquicos e relacionais deste tipo de prácticas, especialmente entre a mocidade.
O concelleiro de Deportes, pola súa banda, lembrou o compromiso do goberno local polas disciplinas maioritarias, coma o fútbol, pero tamén polo deporte de base e outras actividades menos concorridas, coma pode ser o tenis e o pádel.
O monitor responsable, Fabián Gutiérrez Corvetto , destacou a aceptación cada vez maior entre a veciñanza deste tipo de deportes até o de agora minoritarios, situación que no caso de Tomiño é posible tamén polas pistas da Área do Mosteiro, anexas ao colexio Pedro Caselles, remozadas polo Concello.
Nun acto conmemorativo os ediles municipais agradeceron a labor realizada durante este verán, ao tempo que facían entrega das medallas e diplomas correspondentes aos participantes. A dito acto foron convidadas tamén as familias dos nenos e nenas (de entre 5 e 15 anos) e ofreceuse un aperitivo para todos.