11 Nov 2015 Tomiño destaca como único concello de Galicia que pertence a rede Eurodesk.

O Eurodesk é un servizo de información dirixido a mozos e mozas a través do cal poden participar en programas europeos de formación, educación, voluntariado, bolsas de estudos,…
Tomiño, 10 de novembro de 2015.- O Concello de Tomiño ven de ser o único punto de información da rede Eurodesk de Galicia. O Eurodesk é un servizo dirixido a mocidade que quere coñecer e participar en programas europeos de formación, educación, voluntariado, bolsas de estudos, …
Tomiño configúrase como punto de información deste programa europeo que ten a súa sede no estado español no Instituto da Xuventude de Madrid. Ao pertencer a esta rede, o Concello de Tomiño ten acceso directo a información xestionada a través da Comisión Europea e das axencias que dependen del. Ademáis, proporciona información nacional sobre programas e accións dos países participantes.
Actualmente, a rede Eurodesk conta con 53 puntos de información no estado español e 1.200 en 35 países da Unión Europea. Os puntos de información comprométense a asesorar sobre traballo, educación, formación, turismo, intercambios entre xóvenes, búsquedas de contactos para posibles socios para proxectos europeos, programas e iniciativas europeas, aloxamento, dereitos.
Tomiño funcionará como oficina de información, labor que é categorizada no programa Eurodesk como posto “multiplicadores cualificados”.
O Concello de Tomiño ven a incrementar deste xeito, os servizos que presta a mociade a través da adhesión a programa e servizos europeos. Tomiño leva varios anos participando no Programa Xuventude en Acción e beneficíandose de programas nel incluidos como Servizo de Voluntariado Europeo, intercambios para xóvenes de entre 13 e 25 anos ou proxectos de democracia participativa onde mozos de diferentes países traballan sobre un proxecto local.
A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destaca “a traxectoria de Tomiño na programación do voluntariado europeo e o esforzo do equipo técnico para que os mozos e mozas do concello se poidan beneficiar profesionalmente de formación noutros países”.



X