Tomiño e Cerveira asinarán o día 4 de outubro a constitución da Eurocidade A sinatura terá lugar na Ponte da Amizade ás 12 horas galegas

O vindeiro xoves, 4 de outubro, ás 12.00 horas (hora galega), celebrarase na Ponte da Amizade (Ponte Internacional de Goián) o acto oficial de sinatura da Eurocidade Cerveira-Tomiño.
Está prevista a asistencia da xefa territorial en Pontevedra da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, Marta Mariño, e tamén da vicepresidenta da Comissao de Coordinaçao e Desenvolvemento Regional do Norte (CCDR-N), Ester Silva. Tamén asistirán, coma é lóxico, os alcaldes de Cerveira e Tomiño, Fernando Nogueira e Sandra González, respectivamente; as concelleiras de Cultura e outras autoridades de ambos municipios.

Abrirá o acto a Academia de Música Fernandes Fao de Vila Nova de Cerveira e pecharao a Escola de Música de Goián.

Para a constitución da Eurocidade foi necesario redactar e aprobar en pleno, nos dous concellos, unha adenda á Carta da Amizade Cerveira-Tomiño existente dende ai varios anos, coma símbolo de unión e cooperación entre os municipios. Esta adenda será lida polas concelleiras de Cultura e asinada posteriormente polos alcaldes.



X