Tomiño e Cerveira organizan un obradoiro de búsqueda de socios/as para proxectos conxuntos A actividade terá lugar o vindeiro mércores, 13 de setembro, na Casa de Cultura de Tomiño, de 18h00 a 19h30

Continuando co proceso xa iniciado do ORZAMENTO PARTICIPATIVO TRANSFRONTEIRIZO 2018, incluido na “AXENDA ESTRATÉXICA PARA A COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA  AMIZADE TOMIÑO-CERVEIRA”,  proxecto cofinanciado polo Programa Interreg V A, convídase a participar nun Obradoiro para a búsqueda de socios/as e establecemento de alianzas para a creación de  proxectos conxuntos, que terá lugar o vindeiro mércores  13 de setembro na Casa de Cultura de Tomiño, en horario de 18h00 a 19h30.

Os proxectos máis votados serán subvencionados cunha cantidade aproximada de 5.000,00€ para a súa posterior execución.  As persoas interesadas poden baixar a ficha en anexo e levala cuberta o día da reunión.

OPT18_FICHA GAL

Agradécese a confirmación de asistencia ata o día 12 de setembro, ás 14h, enviando un correo electrónico a elisabet.desantiago@tomino.gal

Máis información sobre o OPT 2018: http://participacerveiratomino.eu/?lang=pt-pt