Tomiño e Irlanda comparten coñecementos para mellorar as traídas de augas comunais

O goberno local fixo unha recepción aos expertos estranxeiros convidados por COXAPO (Asociación de traídas de auga de Galicia)

Coxapo irlandeses 2

Técnicos de Irlanda e Escocia, viaxaron onte ata Tomiño para coñecer, in situ, o sistema de traídas de augas da zona, co fin compartir experiencias comúns neste eido. Ás 20 horas foron recibidos de forma oficial na Casa de Cultura, pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e os concelleiros de Vías e Obras, Francisco Campo Lago, e de Medio Ambiente, María Xosé Vázquez.

Coxapo Fran e Mª Xosé

Entre outras autoridades presentes, atopábanse en calidade de convidados, Roberto Arias, subdirector de Augas de Galicia, e Manuel Álvarez, xefe do servizo de Sanidade.

A alcaldesa foi a primeira en tomar a palabra para agradecer a presenza dos expertos estranxeiros, salientando a gran labor levada a cabo por COXAPO (Asociación de traídas de auga de Galicia), no tema das traídas de augas no municipio.

José Mª Albán Laguardia, presidente de COXAPO, comentou as orixes da asociación e asegurou que comparten aspectos e realidades moi similares coas comunidades irlandesas, chegando a falar incluso, de irmandamento e traballo conxunto.

Coxapo presidente

Tamén os concelleiros Francisco Campo Lago e María Xosé Vázquez, tomaron a palabra para agradecer a presenza dos expertos. A concelleira de Medio Ambiente y profesora de Economía Ambiental en la Universidade de Vigo, cualificou o proxecto posto en marcha por COXAPO como “básico e imprescindible”, asegurando todo o apoio do goberno local. Referiuse asemade a importancia de aprender da experiencia de outros, co fin de mellorar a calidade de vida dos veciños/as.

Coxapo 1

Caridad de Santiago, técnica en Saúde Ambiental de COXAPO, referiuse ás principais problemáticas coas que se atopan diariamente na xestión da auga e as solucións alcanzadas. Entre os primeiros salientou o abandono das instalacións, a resistencia ao cambio por parte das directivas, o descoñecemento da normativa e do valor da auga coma recurso de vida. Entra as solucións que tentan dar dende a asociación, con sede en Estás (Tomiño) figuran o asesoramento, auditoría técnicas, charlas informativas e formativas e, sobre todo, moita concienciación sobre a importancia da auga e o risco de contraer enfermidades.

Coxapo entrega libroCoxapo alcaldesa 2

Pecharon o acto dous integrantes do continxente irlandés, Paddy Ward e Brian MacDonhnaill, agradecendo a benvida e hospitalidade dos organizadores e asegurando que a clave do éxito no tema das traídas é a colaboración e o traballo conxunto das comunidades, entidades políticas, , federación de augas, etc. Coma exemplo do camiño andado en Irlanda, comentaron que na actualidade as traídas serven a 80.000 vivendas. “Houbo que traballar moito e concienciar sobre a necesidade de protexer o investimento realizado e ao mesmo tempo, facelo sostible e viable económicamente”, explicaron.

Programa

No día de hoxe realizaranse visitas ás traídas de Amorín, O Barro e Tomiño, co fin de coñecer o estado das instalacións e a forma de xestión veciñal.