10 Xuñ 2014 Tomiño e Vila Nova de Cerveira conmemoran o 10º aniversario da Ponte Internacional cunha Carta de Amizade

O acto protocolario terá lugar na misma ponte ás oito da tarde, coa participación de grupos folclóricos de ambos os dous municipios fronteirizos

A Corporación Municipal tomiñesa celebra mañá, mércores, ás 14.30 horas, sesión extraordinaria urxente de pleno para aprobar a “Carta de Amizade Cerveira-Tomiño”

Os concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira conmemoran o 10º aniversario da Ponte Internacional cunha Carta de Amizade, cuxa sinatura terá lugar mañá, mércores 11 de xuño, ás 20 horas.

A “Conmemoración do 10º aniversario da Ponte da Amizade” será un acto protocolario presidido pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González e o presidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira. A cerimonia oficial da “Sinatura da Carta de Amizade entre Vila Nova de Cerveira e Tomiño” realizarase na propia Ponte Internacional que une ambos os dous municipios.

Logo da sinatura do documento, actuarán varios grupos folclóricos de ambas as dúas localidades.

Por parte de Tomiño, estarán os grupos Virxe do Alivio, Fonte do Frade e Treboada Baixo Miño.

A Corporación Municipal tomiñesa celebra mañá, mércores, ás 14.30 horas, sesión extraordinaria urxente de pleno para aprobar a “Carta de Amizade Cerveira-Tomiño”, previa á celebración do acto.

 



X