Tomiño e Vila Nova de Cerveira falarán en Goián sobre mobilidade transfronteiriza

logo

É o segundo grupo de traballo ou Focus Group, que contará coa participación de sociólogos e especialistas en planificación territorial

Tomiño, 19 de novembro de 2014.- Dentro da Axenda Estratéxica para a cooperación transfronteiriza Cerveira-Tomiño 2014-2020, presentada o pasado día 4, celebrarase mañá, xoves 20 de novembro, ás 10.30 horas (hora española), o segundo Focus Group previsto. Trátase de un grupo de discusión e debate organizado co fin de profundizar o traballo que xa desenvolven en conxunto ambos os concellos, e delinear outros investimentos, para unha maior integración na Euro-Rexión.
Esta vez o tema de debate e análise será “Mobilidade transfronteiriza e desenvolvemento territorial”.
Poñente: Daniel Pino, sociólogo e especialista en planificación territorial. Moderadores: Rui Correia, da Escola Superior Gallaecia, e Sonia Antúnes, técnica planificación CMVN Cerveira.