Tomiño fai un minuto de silencio polos atentados de Bruxelas

Concelleiros e traballadores do Concello de Tomiño fixeron este medio día un minuto de silencio en repulsa polos atentados de onte en Bruxelas e solidariedade coas vítimas.

Participou tamén un empresario tomiñés que leva a cabo obras na capital europea con traballadores galegos.



X