Tomiño homenaxea aos “Teixugos” pola súa labor e logros no Campionato Galego de Slálom

O Concello recoñece o traballo e esforzo de todos os piragüistas do Club Deportivo Miño, a través do seu presidente, Pablo Pousa, e dos actuais campións galegos de Slálom

DSCN8904 (Copy)

O Concello de Tomiño recoñeceu este mediodía a labor do Club Deportivo Miño “Os Teixugos”, cunha homenaxe pública presidida pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e a concelleira de Deportes, Cristina Martínez.
Ambas as dúas felicitaron ao club pola súa intensa labor, salientando a importancia de visibilizar o traballo que se fai no deporte de competición e tamén no de base.
En primeiro lugar, o presidente do club, Pablo Pousa, recibiu en nome de todo o grupo unha placa conmemorativa, polo traballo que este vén realizando dende a fundación do club, no ano 1998, contando na actualidade con máis de 40 nenos e nenas repartidos en todas as categorías da modalidade do Slálom.
Seguidamente, recibiron sendas placas conmemorativas os rapaces e rapazas que se consagraron campións no Campionato Galego de Slálom Olímpico, celebrado hai uns días en Arbo: Sara Vázquez en C1 muller sénior, Laura Alonso en K1 muller sénior, Andrea González en K1 muller júnior, Manuel Ochoa en K1 home cadete e Brais Castro, en C1 home cadete.
Na clasificación final por equipos o Club Deportivo Miño Teixugos acadou o primeiro posto.
No acto tamén recibiron unha distinción os tres campións do Campionato Galego de Promoción de Slálom (nenos e nenas de 8 a 14 anos), celebrado no mes de agosto en Ribadumia: Ainhoa Barreiro, en K1 Muller Benxamín; Ariadna Pereira, en K1 Muller Alevín, e Sergio Martínez, en K1 Home Benxamín.

Concello Tomiño. Homenaxe aos Teixugos 2Concello Tomiño. Homenaxe aos Teixugos 3Concello Tomiño. Homenaxe aos Teixugos 4Concello Tomiño. Homenaxe aos Teixugos 6Concello Tomiño. Homenaxe aos Teixugos 7DSCN8913 (Copy)