Tomiño inicia o Outono Cultural co espectáculo de Avelino González protagonizado por Xavier Deive e Luis Iglesias.

O Concello de Tomiño vén de iniciar a súa programación de teatro “Outono Cultural” da man dos actores Xavier Deive e Luis Iglesias.
A primeira cita co teatro en Tomiño celebrouse na tarde de onte na Casa da Cultura. A programación comezou co espectáculo “Filosofando”, obra escrita e dirixitada por Avelino González.
Foron moitos os que se achegaron a disfrutar de esta obra teatral na que Xavier Deive e Luis Iglesias volveron deleitarnos cun espectáculo repleto de humor.
O Concello de Tomiño volta a demostrar o seu compromiso coa cultura cunha programación de teatro de calidade.
O vindeiro domingo día 11 de outubro, será Migallas Teatro a encargada de facernos disfrutar do teatro. Porá en escea o espectáculo “O cantante e as mulleres” ás 20h00 na Casa da Cultura. A entrada está aberta a todos os públicos.
A cartelera continuará os seguintes domingos de outubro coas representacions teatrais de Fulano, Mengano e Citano o 18 de outubro e con Xoque Carbajal, Jouse García e Patricia Rodríguez o 25 de outubro.