Tomiño inviste en sinalización e iluminación nos núcleos urbanos do Seixo e Goián e en parroquias A Concellería de Tráfico e Iluminación Pública investiu perto de 20.000 euros en novas obras e ten previsto continuar con outros puntos do municipio

A Concellería de Seguridade Cidadá e Iluminación Pública, que dirixe Manuel Álvarez González, vén de investir perto de 20.000 euros en obras de sinalización, horizontal e vertical, e melloras de iluminación en diferentes puntos do municipio.

A reposición e colocación de espellos (uns 60 en total), sinais de stop, dirección prohibida, rúas sen saída, ceda o paso, etc. foron outras das accións levadas a cabo tanto en varias zonas dos núcleos urbanos do Seixo e Goián, coma en parroquias.

Asemade, pintouse de novo parte da Zona Azul e zonas de carga e descarga, por exemplo, na rúa República Arxentina e Uruguay, no Seixo, ou Avenida Ordóñez e habilitouse un nova para a Escola Infantil de Goián.

Na entrada á parroquia de Santa Mª de Tebra, ademais de sinalizar, realizáronse melloras da rede eléctrica, por valor de 8.000 euros. As obras consistiron, concretamente, na reposición de varios cadros e postes de madeira; báculos novos, colocación de focos de lede e cambio de máis de 4000 metros de cable.

Estas obras veñen sumarse ás feitas anteriormente noutros puntos do municipio, e a intención do Concello é continuar levando a cabo melloras nas zonas que o precisan e que aínda non foron obxecto de acción municipal.



X