Tomiño ofrece 15 prazas para formarse, de balde, coma auxiliar do Servizo de Axuda no Fogar A acción formativa, de 140h de duración, realizarase en outubro e novembro, e estará dirixida tanto a persoas desempregadas, como traballadoras

O Concello de Tomiño abre o prazo de inscrición para o curso gratuíto e con compromiso de contratación, denominado “O servizo de axuda no fogar e a excelencia profesional”, organizado en colaboración coa empresa “Idades”, especializada na prestación de servizos de atención socio-sanitaria.

O curso, cunha duración de 140h, realizarase en Tomiño durante os meses de outubro e novembro deste ano, e estará dirixido tanto a persoas desempregadas como traballadoras en activo, a familiares de dependentes ou a calquera outra persoa do municipio que estea interesada en formarse para poder traballar no sector da atención socio-sanitaria.

As persoas interesadas deberán estar en posesión do Título de Graduado Escolar e o número de prazas dispoñibles é de 15.

O prazo de inscrición estará aberto desde o día 17 ao 21 de setembro. As persoas interesadas deberán enviar o seu currículum ao seguinte enderezo electrónico: ana.sanchez@concellotomino.gal , indicando no asunto CURSO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA.

  • Duración: 140h (40h teóricas, 100 prácticas)
  • Datas: Parte teórica: do 8 ao 29 de outubro 2018 os luns, mércores e venres de 16:30h a 20:30h. Prácticas (non remuneradas): do 5 ao 30 de novembro de 2018
  • Centro: Escola Obradoiro O Regatiño, Goián (Tomiño).