Tomiño optimiza o gasto eléctrico en alumeado público mediante un estudo da facturación.

O Concello de Tomiño segue traballando en liñas de aforro enerxético e ven de comunicar os resultados dun estudo da facturación eléctrica do alumeado público. Este análise destaca o éxito das políticas de aforro enerxético dos anos anteriores e atopa novas liñas de traballo para a reducción de importe da luz.
En base a este análise, o Concello procederá a axustar os parámetros de contratación de enerxída dos 108 suministros de alumeado público que suministran electricidade a máis de 7.000 puntos de luz.
Este proxecto de optimización enerxética do alumeado público reducirá nun 26% a potencia total contratada o que beneficiará ao Concello na medida en que por un lado, pagarase menos na parte fixa da factura e, por outro lado, o importe do consumo de enerxía será tamén menor.
Este plan de optimización enerxética permitirá un aforro do 9% na factura eléctrica do alumeado público, é dicir, sobre 25.000 € anuais. Este é un dato importante xa que no ano 2014 o Concello de Tomiño gastou 279.385€ en consumo enerxético, un importe nada desdeñable no orzamento municipal.
O gasto no recibo da luz ten sufrido un progresivo incremento nos últimos anos. Segundo a plataforma FACUA, nos últimos 10 anos, o prezo da luz subiu nun 76% sendo o estado español o país europeo que máis gasta en alumeado público. O Concello de Tomiño ten conseguido conter o recibo do suministro eléctrico grazas ao plan de aforro enerxético no que se investiu nos anos anteriores e nos que agora se avanzará grazas a este estudo que, ademáis, descubriu erros na facturación por parte das empresas suministradoras e ao que o Concello procedeu a reclamar a súa devolución.
Este traballo de optimización enerxética terá un custo 0% para o Concello, xa que o estudo foi levado a cabo por personal municipal contratado mediante unha bolsa da Deputación de Pontevedra. Tras os bos resultados deste traballo, o Concello de Tomiño continuará na análise do gasto enerxético mais agora dos diferentes inmobles con custo para as arcas municipais como dos centros educativos, das instalacións deportivas ou dos diferentes centros sociais de titularidade municipal.
A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destacou “a importancia de optimizar os gastos enerxéticos e de facer unha racionalización do consumo”. Segundo González “con este estudo damos un paso máis na reducción da factura da luz o que suporá un aforro importante para as arcas municipais e polo tanto un maior investimento noutros servizos”.