06 Xuñ 2016 Tomiño organiza dous cursos “AFD” para persoas desempregadas e convida aos docentes interesados a presentar o seu currículo

O Departamento de Desenvolvemento Local convida a docentes autónomos que desexen impartir as acción formativas a presentar o seu currículo

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de subvencionar ao Concello de Tomiño dous cursos do plan AFD para persoas preferentemente desempregadas.

O primeiro destes cursos chámase “Actividades de Xestión Administrativa” e ten 898 horas de duración, dando dereito ao correspondente certificado de profesionalidade.

A segunda acción formativa é a de “Instalacións de mantemento de xardíns e zonas verdes” de 508 horas de duración.

A data prevista de inicio dos cursos é o día 1 de xullo, finalizando o de xestión administrativa o 15 de decembro, e o de xardíns, o 17 de outubro.

O Departamento de Desenvolvemento Local convida a docentes autónomos que desexen impartir as acción formativas a presentar o seu currículo na Casa do Concello (Praza do Seixo, 1).

 



X