Tomiño organiza obradoiros de autoestima para mulleres nas parroquias

As persoas que desexen participar poden inscribirse no Concello de forma presencial ou chamando por teléfono

O Concello de Tomiño organiza, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha serie de obradoiros gratuítos de autoestima para mulleres en distintas parroquias do municipio.

En Sobrada e Santa Mª de Tebra, a actividade terá lugar os días 17, 18 e 19 de novembro. En Sobrada, as sesións serán na sala do pavillón polideportivo, en horario de 10 a 13 horas, mentres que en Tebra, celebraranse na Casa Cultural, de 18 a 21 horas.

En Tomiño, o obradoiro se impartirá na Casa da Salgosa os días 21 e 28 de novembro e 5 de decembro, de 18 a 21 horas, e en Estás, o Centro Social acollerá a actividade os días 2, 3 e 4 de decembro, de 10 a 13 horas.

As persoas interesadas en participar poden informarse e inscribirse na Casa do Concello (Praza do Seixo, 1) ou chamando por teléfono ao 986 622 001/03.