O Concello organiza un campamento de verán para persoas con discapacidade

A actividade terá lugar no mes de agosto en horario de mañá e contará con servizo de transporte

A Concellaría de Servizos Sociais do Concello de Tomiño, que dirixe Cristina Martínez, organiza un campamento de verán para persoas con discapacidade, que terá lugar durante o mes de agosto en horario de mañá.

A actividade está pensada para un máximo de 20 participantes, que contarán con servizo de transporte e atención especializada.

Para maior información e inscricións, dirixirse aos Servizos Sociais do Concello de Tomiño, sitos no barrio da Rocha, ou chamar ao teléfono 986 622003.