23 Xuñ 2016 Tomiño organizou nove cursos de fitosanitarios, polos que pasaron 270 persoas

As persoas que fixeron os cursiños obtiveron o correspondente carné que lles habilita para a aplicación destes produtos

No primeiro semestre do ano, o Concello de Tomiño en colaboración cun centro homologado da comarca, organizou un total de nove cursos de Aplicador e Manipulador de Produtos Fitosanitarios, polos que pasaron unas 270 persoas. A media de idade das mesmas foi de 60 anos, sendo a maioría xubilados ou pensionados.

Dada a alta demanda por parte da poboación, foi necesario organizar diferentes quendas en horarios de mañá e tarde.

A duración da actividade foi de 25 horas repartidas en sesións de tres horas diarias, de luns a venres. O último día, a academia encargada realizou aos asistentes o exame que lles da dereito á obtención do carné, obrigatorio para poder adquirir ou aplicar produtos fitosanitarios de uso profesional.



X